Máis de tres toneladas de xurelo acaban no banco de alimentos Rías Altas

Foron comisadas pola Garda Civil en Camariñas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2023 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

A Garda Civil incautouse dun total de 3.250 quilos de xurelo no porto de Camariñas, tras observar a dous pesqueiros que descargaban as capturas sen notificar previamente a descarga.

Segundo informa o Instituto Armado, foron axentes do Servizo Marítimo Provincial os que fixeron o control das dúas embarcacións, que presentaban un exceso de capturas: 497 quilos a primeira e 1.508 a segunda.

Xunto a isto, os axentes atoparon abandonadas no cantil a carga doutra embarcación, que non puido ser identificada, que tiña un peso doutros 1.245 quilos. Así, a Garda Civil procedeu ao comiso de todas estas capturas, aínda que permitiu que se comercializase a cota correspondente. Os presuntos responsables dos feitos enfróntanse a multas por infrinxir a lei galega de pesca por non notificar a descarga, por exceso de capturas e por superar o 10 por cento máximo permitido.

O xurelo incautado foi entregado ao Banco de Alimentos Rías Altas.

Incautan máis de tres toneladas de xurelo no porto de Camariñas
Incautan máis de tres toneladas de xurelo no porto de Camariñas | Fonte: GARDA CIVIL- Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta