Por E.P. | A CORUÑA | 22/09/2023 | Actualizada ás 18:26
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visita estes días a República de Irlanda para colaborar coas autoridades irlandesas en distintas actividades de promoción do Camiño Celta.
A comitiva coruñesa complétase co deputado provincial delegado provincial Antonio Leira, e o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás.
Formoso destacou que esta primeira viaxe oficial da Deputación coruñesa a terras irlandesas "ten como obxectivo estreitar lazos de colaboración coa República de Irlanda".
"E traballar conxuntamente na promoción deste Camiño en ambos os países", tras a experiencia durante máis dunha década de colaboración co Reino Unido na difusión do Camiño Inglés, a ruta xacobea que máis crece en número de visitantes nos últimos anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.