Eliminados dous puntos de verteduras de augas residuais en Oza-Cesuras e na Laracha

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2023 | Actualizada ás 11:23

Comparte esta noticia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou dous puntos de verteduras de augas residuais. Un no concello coruñés de Oza-Cesuras e outro no da Laracha.

Así, por unha banda en Oza-Cesuras os técnicos do Programa de Control de Verteduras de Augas de Galicia detectaron unha vertedura procedente dunha vivenda da parroquia de Cuíña, nun entrono dun regacho pertencente á conca do río Mero.

Por iso, a Xunta notificoulle esta situación ao titular do inmoble para que procedese a adoptar as medidas correctoras correspondentes que, posteriormente nunha nova inspección, o persoal constatou a instalación dunha fosa séptica no punto.

Por outra banda, na Laracha o punto de vertedura foi localizado en Caión onde os técnicos detectaron unha vertedura irregular de augas residuais ao mar, a través dunha condución de desaugadoiro de pluviais. O Executivo autonómico notificoulle a situación á empresa xestora do servizo de saneamento municipal co obxectivo de que realizase as actuacións oportunas.

Depuradora de augas residuais en Guillarei, Tui
Depuradora de augas residuais en Guillarei, Tui

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta