Ourense Rural é Vida, novo proxecto para transformar "a Galicia interior"

Trátase dunha actividade co reto de transformar as pequenas localidades da provincia ourensá "en territorios prósperos, innovadores e sostibles".

Por E.P. | Ourense | 26/09/2023 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

O proxecto Ourense Rural é Vida inicia a súa andaina con propostas para transformar 'a Galicia interior', segundo informan os promotores.

San Xoán de Río, Ourense
San Xoán de Río, Ourense | Fonte: Wikipedia

Trátase dunha actividade co reto de transformar as pequenas localidades da provincia ourensá "en territorios prósperos, innovadores e sostibles".

"Que ofrecen oportunidades e calidade de vida para as xeracións presentes e futuras", sinalan, ademais de avanzar que este xoves, día 28, celebrarase unha xornada virtual dirixida aos municipios participantes, na que se presentarán as principais liñas de actuación.

Todo iso no marco dun proxecto colaborativo baseado na posta en marcha dun hub de innovación e sustentabilidade que potencie o emprendemento, o teletraballo e os novos servizos.

Para iso conta cunha oficina central en San Xoán de Río, localidade que lidera a iniciativa. A isto súmanse outros espazos nos concellos de Boborás, Larouco, Muíños, Oímbra, Punxín, A Teixeira, Vilariño de Conso e Xunqueira de Espadanedo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta