Máis de 9.000 persoas opositan esta fin de semana para 208 prazas

Case 3.000 desas persoas aspiran a 54 prazas de limpeza e cociña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2023 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

Máis de 9.000 persoas están chamadas a participar nos procesos selectivos que se celebrarán este fin de semana no recinto da Feira Internacional de Silleda para acceder a 208 prazas de estabilización.

Estes procesos derivan da Lei/21 de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público e realizaranse a través do sistema de concurso-oposición.

En concreto, o sábado celebraranse pola mañá as probas para cubrir cinco prazas de educador social (A2) ás que están convocados 456 aspirantes, e 54 prazas de limpeza e cociña (agrupación profesional), para as que están convocadas 2.994 persoas.

A partir das 16,00 horas será a quenda dos 548 aspirantes convocados para 14 prazas de auxiliar de cociña (C2), e dos 1.376 aspirantes que participarán no proceso selectivo para 26 prazas de educador infantil (A2).

A continuación, o domingo, 1 de outubro, examinaranse 825 persoas para 22 prazas de PSX (C2) e outras 3.012 para 87 prazas de educación infantil (C1).

Recinto feiral de Silleda (Pontevedra) durante as oposicións do Sergas.. XUNTA
Recinto feiral de Silleda (Pontevedra) durante as oposicións do Sergas.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta