Por E.P. | Ferrol | 02/10/2023 | Actualizada ás 18:13
Unha vintena de traballadores da empresa Pérez Torres Marítima, que prestan servizos no porto de Ferrol, concentráronse no mediodía deste luns, 2 de outubro, de 12,00 a 13,00 horas, no peirao de Curuxeiras, convocados polo sindicato CIG, para acusar á dirección da compañía de "aproveitar a última reforma laboral para precarizar as condicións de traballo, abusando dos contratos fixos-descontinuos", segundo asegurou Fran Cartelle, da Federación galega de alimentación, mar, transporte e téxtil (FGAMT).
Así, detallou que os despedimentos aplicados por Pérez Torres Marítima nos últimos tempos "afectan o persoal con máis antigüidade e con máis dereitos", asegurando desde o sindicato nacionalista que a empresa pretende xustificar estes despedimentos "pola baixada da actividade, mentres se producen novas contratacións en precario, con persoal de empresas de traballo temporal (ETT).
Esta foi a primeira das concentracións convocada polo sindicato CIG, á que lles seguirán outras nas próximas semanas, sendo o máis inmediata na tarde do próximo xoves, 5 de outubro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.