Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2023 | Actualizada ás 11:01
Galicia rexistrou a constitución de 277 empresas en setembro, o que supón sete máis que no mesmo mes de 2022 (+2%). Respecto ao mes anterior, agosto, son 17 máis, segundo datos publicados polo Instituto Galego
Por provincias, a creación repártese do seguinte modo: 114 en Pontevedra, 96 na Coruña, 41 en Lugo e 26 en Ourense. O capital medio subscrito polas sociedades constituídas en setembro foi de 35.853 euros por sociedade, cun total de 9,9 millóns de euros (58,5% menos interanual).
Por outra banda, ampliaron capital social 66 sociedades mercantís en setembro, 14 menos que no mesmo mes de 2022, por valor de 32,5 millóns (-42%). Como habitualmente, as provincias de Pontevedra (41,16%) e A Coruña (34,66%) son as que acumulan a maior parte das constitucións. A máis distancia atópanse Lugo (14,8%) e Ourense (9,4%).
A gran maioría das empresas en setembro son SL, 272 de 277. Por sectores, o 19% pertence ao comercio, seguido por construción (14,8%) e actividades inmobiliarias e financeiras (13%). O 74,7% esta fundada por un só socio e o 20,2% por dous socios.
En setembro disolvéronse 73 sociedades, 14 máis que no mes anterior, pero 21 menos que un ano antes. Mentres, 20 reduciron capital social. Ademais, rexistráronse dous procedementos de fusión e un de escisión.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.