'Poemagosto', o festival internacional de poesía de Allariz

O encontro, programado para os días 6 e 7 de outubro, contará coa participación de destacados creadores líricos de diversas comunidades do estado e tamén cunha poeta polaca.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 06/10/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Tras un ano de pausa, o Poemagosto --Festival Internacional de Poesía en Allariz-- prepárase para a súa novena edición, sendo xa un encontro de referencia outonal coa poesía, a música e a cultura. Será os días venres 6 e sábado 7 de outubro.

Presentación de 'Poemagosto 2023'. Foto: Comunicación Concello de Allariz.
Presentación de 'Poemagosto 2023'. Foto: Comunicación Concello de Allariz.

O festival contará coa participación de destacados poetas de diversas rexións e tamén cunha poeta de Polonia. Así o explicaron as persoas organizadoras, integrantes da Asociación Cultural Teleclube O Acomodador, durante a presentación que tivo lugar días atrás en Allariz.

As creadoras e creadores presentes neste encontro serán: Branca Trigo (Galicia), Marta Eloy Cichocka (Polonia), María Ángeles Pérez López (Castela), Sara Plaza (Galicia) e Xuan Bello (Asturias).

PROGRAMACIÓN

Venres, 6 de outubro

18:00 h. Praza de Abaixo. Serán infantil.

Taller de pandeiretas con materiais reciclados. Faise cargo do mesmo Lorena Aula Cantarela e nel os nenos e nenas poderán aprender a facer pandeiretas utilizando materiais reciclados.

Espectáculo musical "Alegría" con Marta Bravo & Sérgio Tannus.

23:00 h. Concerto de Su Garrido Pombo na sala Roi Xordo.

Sábado, 7 de outubro

Ás 12:00 h. no Patio Museo do Coiro: Recital poético e concerto de Diana Tarín & Héctor Lorenzo.

Ás 19:00 h. no Patio Museo do Coiro: Segunda sesión de recital de poetas.

O grupo Roña, composto por mozos de Allariz, ofrecerá un concerto no Patio do Museo do Coiro.

Danza "8 km en Mula" con Álvaro Murillo: Presentarase unha actuación de danza titulada "8 km en Mula" a cargo de Álvaro Murillo. A continuación concerto de TOR.

Foliada fin de festa con "As da Chispa" e outros artistas.

CHAMAMENTO DA ORGANIACIÓN

Como convite a achegarse a este encontro poético que ten lugar a vindeira fin de semana en Allariz, os organizadores comentan que "o IX Poemagosto é un evento que celebra a diversidade da poesía internacional e a riqueza da cultura. Convidamos a todas as persoas amantes da poesía, da música e da arte a unirse a este encontro único que reunirá a talentosos poetas de distintas zonas de Europa".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta