Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2023 | Actualizada ás 10:42
Un incendio orixinado nun foco de luz da sala Malatesta, en Santiago, obrigou a desaloxar a un centenar de persoas e non houbo que lamentar feridos.
Segundo informou o 112, a intensa fumareda provocada polo incendio alertou aos traballadores do local que chamaron á central de emerxencias mentres evacuaban ás persoas.
Con todo, ninguén resultou ferido e os danos limitáronse ao lugar no que se iniciou o lume, que afectou os cables e ao falso teito do inmoble.
Os xestores de emerxencias avisaron aos bombeiros de Santiago, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Policía Nacional e Local.
Sobre a unha da madrugada o incendio deuse por controlado e ventilaron o local. Ademais, o equipo de Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento realizou as comprobacións necesarias para asegurarse que non quedaba ninguén no interior do local.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.