Que pasa coa folga dos bombeiros de Galicia?

Bombeiros comarcais constatan "vontade" de secundar a folga, pero nin o xoves nin este venres houbo seguimento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2023 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

O portavoz da mesa intersindical de bombeiros de Galicia constatou a "vontade" de secundar a folga dos ao redor de 500 profesionais que desenvolven esta actividade en parques comarcais da comunidade, aínda que nin o xoves nin este venres houbo seguimento.

O mércores a última hora, despois dunha longa asemblea, os bombeiros comarcais galegos, en folga desde o pasado xuño, acordaron que a partir de agora será decisión de cada traballador a de secundar ou non o paro --ata agora optaran por non seguila e soamente rexeitaban realizar tarefas voluntarias--.

"Se só con non facer horas extra, notábase, agora vai ser peor", advertiu Moldes, en declaracións a Europa Press, nas que subliña que o colectivo é "o primeiro" e "o máis implicado" en que o servizo "se preste correctamente", e responsabiliza á clase política.

O portavoz da mesa intersindical resalta que durante o mes de agosto tentaron reunirse coas autoridades e "a mediados de outubro demostran que non teñen interese e dálles igual ter parques pechados". "Son eles os que pechan parques e non se queren sentar, nós non somos responsables do peche de ningún dos parques", incide.

MOBILIZACIÓNS

Na asemblea, os bombeiros pactaron tamén un calendario de mobilizacións que empezará o 20 de outubro cunha concentración fronte á Deputación de Pontevedra; seguirá o 23 ante a de Ourense, o 27 na da Coruña e o 31 ante a de Lugo.

Un grupo de bombeiros de consorcios provinciais durante unha protesta ante a sede da Xunta
Un grupo de bombeiros de consorcios provinciais durante unha protesta ante a sede da Xunta | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta