Un home que saiu despedido do seu coche nun accidente na AG-11 en Rianxo é amputado dos dous pés

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2023 | Actualizada ás 10:21

Comparte esta noticia

Un home que saíu despedido ao envorcar o seu coche na autovía á altura de Rianxo resultou ferido de gravidade e trasladado ao hospital. Segundo as primeiras informacións, tivo que ser amputado dos dous pés.

Segundo informa o 112, o condutor e único implicado sufriu lesións en ambas as pernas e foi evacuado nunha ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

O primeiro aviso recibiuse pouco despois das 20.30 horas deste luns, cando un particular chamou ao 112 Galicia para alertar sobre este accidente, que se produciu no quilómetro 19 da AG-11, na parroquia rianxeira de Taragoña e en sentido Padrón. Segundo explicaba, vira un coche envorcado na incorporación da autovía.

Foi outro particular que chamou pouco despois quen confirmou que o ferido saíra despedido do seu vehículo e que necesitaba asistencia sanitaria urxente.

O 112 Galicia activou un operativo para o cal se pediu a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos bombeiros de Boiro e de Ribeira (finalmente estes últimos non tiveron que actuar), da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil de Rianxo, e dos operarios dos servizos de mantemento da vía. Os bombeiros de Boiro confirmaron, unha vez no lugar, que o home viaxaba só no seu vehículo.

Accidente na AG-11
Accidente na AG-11 | Fonte: Bombeiros Boiro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta