O alcalde de Vilagarcía non aclara se seguirá presidindo a Fegamp: "Será a dirección do PSdeG quen decida"

Alberto Varela manifestou que "todo ten os seus tempos" e que, nestes momentos, a dirección da federación municipalista está centrada en "pelexar" polos intereses das entidades locais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2023 | Actualizada ás 15:56

Comparte esta noticia

O alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, evitou pronunciarse sobre se desexa continuar á fronte da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), que celebrará a súa asemblea xeral a mediados de novembro.

Preguntado sobre se a súa intención é seguir catro anos máis á cabeza da entidade que representa aos 313 concellos e o catro deputacións, Varela apuntou que será a dirección do seu partido, o PSdeG, a que "decida quen teña que estar á fronte da Fegamp" no próximo mandato.

O rexedor vilagarcián manifestou que "todo ten os seus tempos" e que, nestes momentos, a dirección da federación municipalista está centrada en "pelexar" polos intereses das entidades locais.

"Estamos aquí representados diferentes alcaldes de diferentes formacións políticas. Cada un decidirá. No meu caso, vai ser a dirección de PSdeG a que decida quen teña que estar á fronte de Fegamp", sinalou Varela.

O presidente da Fegamp, Alberto Varela, nunha rolda de prensa / Fegamp. / Europa Press
O presidente da Fegamp, Alberto Varela, nunha rolda de prensa / Fegamp. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta