Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2023 | Actualizada ás 13:09
Delegados sindicais protagonizaron desde primeira hora da mañá deste mércores, 18 de outubro, un piquete informativo ás portas de Navantia Fene para "seguir co calendario que tiñamos de mobilizacións", para incidir en que as empresas que non están a cumprir co convenio colectivo do sector da industria siderometalúrgica da Coruña e que, "se non pagan o plus de Navantia, pois non poden acceder", segundo apuntou Vicente Vidal, secretario comarcal da Federación de Industria de CIG.
Así, detallou que se impediu o acceso aos operarios de Windar, Gabadi, Moncina e Pérez Torres, onde Vidal manifestou que "con Pérez Torres temos unha reunión este xoves pola mañá", ademais de próximos encontros coa Asociación de empresas do sector naval público da ría de Ferrol e para Windar na próxima semana.
Vicente Vidal asegurou que outra empresa, Masa, "xa asinou un documento no que se comprometeu a partir da próxima nómina a encadrarse na actividade de aceiros, que é onde ten que estar".
No caso de Windar, o representante de CIG detallou que "se está á espera dunha reunión, para saber se está disposta a meter ese plus nas nóminas aos traballadores", e que "meter ese plus non significa cambialo por ningún complemento que teñan, que nalgún caso mesmo é superior", xa que segundo o representante sindical "incluír ese plus non significa que algún poida perder diñeiro, posto que o que pretendemos é que os pluses de convenio que van meter nas nóminas, teñen por obxecto darlle legalidade e consolidar ese diñeiro".
Por último, Vidal remarcou que, "se algún traballador está por arriba desa cantidade, evidentemente terá que seguir cobrando esa cantidade" e que, "en ningún caso, a pretensión é que por culpa de meter ese complemento, significa cambialo por outros que teñan, que mesmo nalgúns casos son maiores".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.