O 80 % dos docentes pide algún tipo de axuda por problemas de saúde mental

Os profesores de secundaria son os máis afectados e representan o 42 % dos demantantes de apoio.

Por Galicia Confidencial | Barcelona | 20/10/2023 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

Os docentes están expostos a unha gran cantidade de estímulos que xeran estrés polo que educar pode chegar a ser complicado. Segundo Northius, plataforma de educación dixital, os profesores chegan a un punto no que, pese á súa vocación, moitos cavilan se deben abandonar o seu traballo.

Clase de secundaria
Clase de secundaria | Fonte: Arquivo

Segundo os últimos datos de ANPE, sindicato ao servizo do profesorado, o último curso tiveron que intervir nun total de 1.994 ocasións para dar axuda sobre todo a profesores de secundaria, que son os que máis solicitan este tipo de apoio, representando un 42 % do total. 

Precisamente, unha das solucións que máis facilitou a ANPE foi o soporte psicolóxico. De feito, o 80 % dos profesionais do sector que demandou axuda o pasado curso foi por razóns de saúde mental, sendo este o segundo motivo máis común despois do asesoramento legal.

FACTORES QUE OCASIONAN ESTRÉS

 

Os problemas para dar clase, as faltas de respeto por parte de alumnos, os problemas coa administración ou as falsas acusacións de pais son algunhas das razóns para pedir axuda, segundo os datos recollidos por ANPE.  En relación a isto, Xavi Asencio, project manager de CEAC, asegura que “as metodoloxías nas que se educa poden ser moi variadas e supoñer distintos obstáculos, por iso é clave ter vocación nesta profesión". 

Situacións así, segundo Northius, manifestaron a necesidade de protexer aos nosos docentes e valorar o seu benestar, xa que este inflúe directamente na tarefa educativa que realizan. Ainhoa Fernández, responsable editorial del centro de formación Campus Training, afirma que, “é importante que os docentes dispoñan das ferramentas necesarias para lidar co estrés e conseguir benestar no ambiente educativo". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta