Cinco novos focos de enfermidade hemorráxica epizoótica en explotacións de Ourense e Lugo

Ascenden a 18 as comarcas veterinarias nas que se notificaron focos desta patoloxía que afecta ás vacas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2023 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

A Xunta informou da declaración de cinco novos focos de enfermidade hemorrágica epizoótica (EHE) noutras tantas explotacións das provincias de Ourense e Lugo. En concreto, o cinco focos foron identificados os municipios ourensáns de Piñor, Esgos e Baños de Molgas e nos lugueses de Friol e O Saviñao. Con estes, son xa 18 as comarcas veterinarias nas que se notificaron focos de EHE en Galicia, segundo trasladou a Consellería do Medio Rural nunha nota difundida este mércores.

O departamento de Medio Rural lembra que a EHE é unha enfermidade infecciosa pero non contaxiosa producida por un virus que se transmite aos animais exclusivamente a través da picadura de mosquitos do xénero Culicoides,spp. A única vía de contaxio nos animais é a través da picadura dos mosquitos transmisores, polo que non é posible a transmisión directa ou indirecta entre eles.

Ademais, a Xunta aclarou que esta enfermidade non afecta as persoas, nin pola picadura do mosquito transmisor, nin polo contacto con animais infectados, nin polo consumo de produtos de orixe animal (carne, leite) destes animais.

AFECTACIÓN AO GANDO

Un gandeiro xunto a vacas dunha gandaría de lácteo.
Un gandeiro xunto a vacas dunha gandaría de lácteo. | Fonte: Carlos Castro

Así mesmo, Medio Rural destacou que a EHE afecta especialmente a cervos, tamén corzos ou gamos. No gando domestico, só o gando bovino resulta afectado coa aparición de síntomas nalgúns animais. O gando ovino pode tamén infectarse pero non aparece sintomatología e o caso do gando cabruno non é sensible a esta enfermidade.

No gando vacún pode presentarse clínica moderada, con febre, perda de apetito, edema facial, secreción ocular e/ou nasal, salivación, dificultade respiratoria, eritema ou descamación en boca e nariz, cojera ou eritema da ubre, síntomas que normalmente desaparecen en dúas semanas. Pola súa banda, en canto ao gando ovino e cabruno, non hai constancia de enfermidade clínica nos animais.

A Xunta lembra que non hai vacina nin tratamento curativo específico fronte a esta enfermidade. Por iso, as medidas preventivas posibles a tomar respecto desta enfermidade serán evitar a esixencia de posibles zonas de cría do mosquito transmisor e utilizar preventivamente desinsectantes ou repelentes nas instalacións, nos medios de transporte ou nos animais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta