Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 08/11/2023 | Actualizada ás 20:03
Dúas persoas resultaron feridas en senllos accidentes de circulación rexistrados na tarde deste mércores nos municipios de Ponte Caldelas e Fene, onde un coche se despeñou por unha altura de 20 metros e un turismo protagonizou unha colisión contra un autobús.
O primeiro produciuse no concello coruñés, onde, ás 14.00 horas, un turismo impactou contra un camión no lugar da Armada, que pertence á parroquia de Maniños. O condutor do coche tivo que ser excarcerado polos efectivos dos bombeiros ao atoparse atrapado polas pernas. Unha vez liberado, foi evacuado en ambulancia a un hospital. Pola súa banda, todos os ocupantes do autobús resultaron ilesos.
En Ponte Caldelas, un condutor resultou ferido ao precipitarse por un desnivel de 20 metros cando circulaba pola estrada PO-532 ao seu paso por Tourón. Ata o lugar mobilizáronse efectivos dos bombeiros de Pontevedra, Garda Civil e Urxencias Sanitarias 061 para atender ao ferido, que se atopaba accesible.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.