Detido en Ribeira un home por dous roubos con forza en dous establecementos comerciais

O detido foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número Dous de Ribeira e ingresou en prisión provisional.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2023 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional detiveron a un individuo en Ribeira polo roubo nunha panadaría o pasado fin de semana, ao cal tamén se lle atribuíu outro acto nunha floraría. Tras pasar a disposición xudicial, ingresou en privisión provisional.

Segundo informou a Policía Nacional, o presunto autor dos feitos entraría ao interior tras forzar a fechadura. Os axentes localizaron nas inmediacións do local, pouco despois, un home que levaba con el unha bolsa. Nela, estaba o diñeiro en efectivo e o resto de objectos que supostamente subtraera da panadaría.

Segundo as investigacións policiais, tamén se lle atribúe o roubo nunha floraría no mes de xullo. Así, o home levou o diñeiro da caixa rexistradora despois de romper a lúa do escaparate.

Ambos os donos dos establecementos recuperaron os efectos perdidos. Pola súa banda, o detido foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número Dous de Ribeira e ingresou en prisión provisional.

Coche da Policía Nacional
Coche da Policía Nacional | Fonte: POLICÍA NACIONAL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta