As carpintarías de ribeira, un traballo de sabedoría popular que constitúe "un auténtico proxecto de país"

Na actualidade, Galicia conta con 14 estaleiros e 130 traballadores que proveñen da carpintaría de ribeira

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2023 | Actualizada ás 16:39

Comparte esta noticia

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou a importancia das carpintarías de ribeira como un dos oficios e actividades fundamentais dentro do patrimonio mariñeiro de Galicia.

Así o declarou este sábado na inauguración das XII Xornadas de Construción Naval en Madeira que, organizadas pola Asociación Galega de Carpintaría de Ribeira (Agalcari), tratou o pasado, presente e futuro que lle espera a este labor artesanal.

Segundo explicou a Xunta, Villares destacou a importancia dun traballo que naceu da sabedoría popular que constitúe un "auténtico proxecto de país", xa que a fabricación de barcos de madeira favorece a silvicultura sustentable e vincula a dúas industrias estratéxicas como son a forestal e a marítimo-pesqueira.

Na actualidade, Galicia conta con 14 estaleiros e 130 traballadores que proveñen da carpintaría de ribeira. O titular de Mar remarcou o traballo de Agalcari para "dignificar a construción" duns barcos cunha pegada de carbono próxima a cero e con pezas 100% reciclables. Ademais, a actividade demanda persoal "altamente cualificado", polo que favorece á formación mediante unha FP que poden contribuír á supervivencia do sector.

Temporal en Vigo,frota amarrada, barcos en porto. EUROPA PRESS - Arquivo
Temporal en Vigo,frota amarrada, barcos en porto. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta