Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2023 | Actualizada ás 20:16
A costa do municipio lugués de Viveiro rexistrou refachos de vento de case 120 quilómetros por hora na tarde deste sábado, na que Galicia está en aviso amarelo por precipitacións.
Segundo os medidores de Meteogalicia, o interior da provincia de Pontevedra é a zona onde máis auga caeu este sábado cos 56,3 litros por metro cadrado de Cuntis.
En canto aos ventos, que manteñen en aviso amarelo á costa de Lugo, a estación situada no alto viveirense de Penedo do Galo captou un refacho máximo de 118 km/2. Na Pontenova (Lugo), Cervantes (Lugo), Baleira (Lugo), Vimianzo (A Coruña) ou Cuntis (Pontevedra) tamén soprou con intensidade o vento, con refachos que roldaron o 90 km/h.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.