Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2023 | Actualizada ás 16:20
O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, lembrou que este luns, día 13 de novembro, cúmprense 21 anos do afundimento do petroleiro Prestige fronte ás costas galegas e considerou necesario "lembrar" a traxedia para que "non volva ocorrer".
"É un bo momento para lembrar e pór en valor o que supuxo aquela traxedia para que nunca máis volva ocorrer", manifestou Besteiro en declaracións aos medios.
Na súa intervención, o dirixente socialista lembrou que a marea negra provocada polo afundimento do petroleiro "mobilizou a toda Galicia", unha cuestión que "ninguén discute 21 anos despois".
Por iso, sostivo que é conveniente lembrar este feito para que "non volva ocorrer" e permita tamén aos políticos "actuar e pensar dunha forma distinta" ante este tipo de situacións".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.