Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 15/11/2023 | Actualizada ás 19:03
O Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña condenou a dous fabricantes de camións a indemnizar con case 4.000 euros, máis intereses, a unha empresa de Narón polo sobreprezo destes vehículos de transporte, uns feitos acontecidos hai 16 anos.
O avogado da empresa de transporte, o ferrolán Juan Franco, en colaboración coa asociación europea de consumidores Dereito e Compromiso, exerceu a defensa da mercantil da comarca de Ferrol nun caso do denominado 'Cártel dos camións'. Segundo asegurou, o seu representado adquiriu en 2007 dous camións de macas distintas, unha de orixe alemá e outra italiana que, segundo a o fallo, foron sobrepreciados.
A sentenza baséase nunha resolución da Unión Europea (UE) do 19 de xullo de 2016, que considera que "a infracción consistiu en acordos relativos á fixación de prezos, a subida dos custos dos camións no Espazo Económico Europeo e o calendario e a repercusión dos custos de introdución de tecnoloxías de emisións para camións medios e pesados, esixida polas normas EURO 3 a EURO 6". Segundo a directiva "a infracción abarcou a totalidade do Espazo Económico Europeo, manténdose desde o 17 de xaneiro de 1997 ao 18 de xaneiro de 2011".
No caso desta sentenza, entende que "o acordo sobre fixación de prezos brutos repercutiu no comprador final, incrementando o prezo de adquisición do camión", derivado do acordo entre os principais fabricantes europeos de camións para pactar prezos que recibiu unha sanción da Unión Europea.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.