O Black Friday para o comercio local: "Vén a complicarnos a vida"

Os comerciantes galegos sosteñen que non acadan beneficios con este fenómeno, pero que teñen que adaptarse.

Por Amanda Fernández | Santiago de Compostela | 23/11/2023 | Actualizada ás 21:19

Comparte esta noticia

Os consumidores xa se aproveitaron das rebaixas do 11/11 ou ‘Día do solteiro’, pero agora teñen a gran oportunidade previa ao Nadal que non é outra que o ‘Black friday’ ou ‘Venres negro’. De todos xeitos, xa hai descontos toda a semana e tal e como comenta José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio “xa hai movemento notable” porque son vendas que “se facían de cara ao Nadal”. Como afronta o comercio galego este evento sinalado? “Á hora da verdade haberá máis volume de vendas, pero o beneficio será menos”, explica Seijas. 

Un cartel publicitario anuncia rebaixas con motivo do Black Friday
Un cartel publicitario anuncia rebaixas con motivo do Black Friday | Fonte: Alberto Ortega

O presidente da Federación estima que cada consumidor galego gastará entre 250-265 euros, pero fai fincapé en que “non ve as cousas claras” pola incerteza tanto a nivel político, económico, subida dos intereses das hipotecas, os carburantes… “Todo isto emplica que o consumidor procure aforrar para ter un remanente”. Os artigos de moda e calzado será o que máis se venda seguido de ocio, electrodomésticos, fogar, decoración…

O indicador é que a venta online destaca nestes días e Seijas comenta que isto “está inventado por alguén de fóra” e que é algo que  “vimos copiando”. Porén isto non é un problema para o comercio galego que vende tanto en físico como en liña. O problema é segundo do que non é “nada favorable só para os grandes monstros” e que é “vender por vender sen ningún beneficio”. Apunta que no último ano que coa venta a través de internet en España facturaronse 72 mil millóns, un 25% máis do ano anterior polo que “é parte importante”.Seijas considera que o comercio ten que aceptar e adaptarse aos hábitos dos consumidores, que mercan polos descontos. “No comercio galego temos que seguir a pauta marcada polos grandes monstros”, sentenza.

O COMERCIO LOCAL FRONTE ÁS GRANDES CADEAS

“Este é un invento americano de interese para as grandes cadeas que a saber que prezos e beneficios sacan, pero o pequeno comercio xa ten un prezo de custo fixado polo fabricante e de venta ao público”, explica José Antonio de Calzados Seijas en Santiago de Compostela. “O Black Friday vén a complicarnos a vida”, pero pese a iso asegura que ten que ir no mesmo sentido e “entrar nese xogo”.

José Antonio aclara que aínda que as ventas aumentan, ten unha ganancia menor porque non “tiñan que estar”. Bota a vista atrás cando as rebaixas naceron para eliminar os excedentes e que se poñía rebaixado “gañando o consumidor e gañando os comerciantes”. Reivindica que agora tiña que manterse esa regulación das rebaixas que beneficiaban a todos por igual. 

O seu é a venda de zapatos e complementos en Santiago de Compostela, onde “o inverno empeza chovendo e acaba chovendo”. Isto supón unha necesidade no feito de adquirir calzado. Estima que será o produto que máis se venda, tanto en home como en muller, e que gastarán unha media de 270 euros. Os clientes que agardan son principalmente residentes na cidade compostelá. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta