Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2023 | Actualizada ás 11:27
A CIG convocou folga indefinida en Galictio a partir deste venres, 24 de novembro, en resposta aos "continuados incumprimentos" do convenio colectivo e a modificación "substancial" das condicións de traballo impostas pola empresa.
Así mesmo, os traballadores concentrarase este venres ante a porta principal de Navantia e ofrecerán unha comparecencia aos medios a partir das 10,00 horas. Galictio é unha empresa de estada que traballa en diversas instalacións industriais, tales como estaleiros de Ferrol ou a refinaría da Coruña. A CIG-Industria de Ferrol denuncia pagos de horas extra "moi por baixo" do que recollen as táboas salariais e a "falta de pago do plus de construción e reparación de buques".
"A isto hai que engadir que a empresa implantou recentemente unha modificación substancial das condicións laborais que supón que o persoal traballe a xornada partida e non en quenda continuada de mañá, como viña facendo ata agora", expón o sindicado. Engade que este sistema, "ademais de ser totalmente improductivo, mingua o dereito de conciliación dos traballadores e traballadoras".
Galictio abriu un período de consultas coa representación do persoal (tres delegados da CIG) que terminou sen acordo, xa que "a empresa non xustificou debidamente a necesidade de introducir este novo sistema de xornada".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.