Rescatan a un mozo ferido que caeu nunhas rocas xunto ao mar en Porto do Son

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2023 | Actualizada ás 15:32

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencias rescataron a un mozo que caeu nunhas rocas, xunto ao mar, en Porto do Son, despois de que un particular contactase co 112 sobre as 9.15 horas deste xoves. Concretamente, a persoa que alertou aos servizos de emerxencias informou de que un home se caeu na zona da Gralleira, en Caamaño. Aínda que conseguira subir de novo ás rocas, estaba ferido e necesitaba ser rescatado.

Ao recibir o aviso, o 112 Galicia solicitou a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, dos Bombeiros de Boiro, do GES de Noia, da Garda Civil, da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil de Porto do Son. Finalmente, e tras valorar un posible rescate por aire, os servizos de emerxencias conseguiron trasladalo nunha padiola ata o lugar no que esperaba a ambulancia, na que foi evacuado ao Hospital do Barbanza.

Sendeiro de camiñata en Caamaño
Sendeiro de camiñata en Caamaño | Fonte: Commons

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta