Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2023 | Actualizada ás 18:36
O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha pregunta e unha proposición non de lei a través das que esixe ao Ministerio de Educación que inclúa a todo o alumnado con TDAH nas axudas para o apoio educativo. O parlamentario nacionalista censura a actitude de Rego ao asegurar que está a denegar as axudas a estudantes con estes problemas por non acreditar unha discapacidade de, canto menos, o 33 %.
Por iso, o parlamentario do Bloque lembra que o Real Decreto 471/2021 é claro e establece que se inclúe nas axudas ao "alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada da discapacidade ou trastorno grave de conduta". Ademais, destaca que o propio Tribunal Supremo acaba de establecer en varias sentenzas deste ano que "a eliminación da mención expresa do TDAH na lei de educación non significa a supresión deste tipo de trastorno de entre cláusalas determinantes das necesidades educativas especiais, nin en consecuencia, do acceso do alumnado que o padece das axudas públicas".
Por esta razón, o BNG insta o Executivo a acatar as sentenzas do Tribunal Supremo que en base á lei considera suficiente a acreditación de TDAH diagnosticado para o acceso ás bolsas aínda que non supoña ou non teña concedido unha discapacidade por esa causa. Para Rego "deixar fóra das axudas do Ministerio a este colectivo de estudantes supón unha manifesta discriminación e deixa nunha situación de risco social e educativo aos menores máis desfavorecidos economicamente".
Ademais, sinala que os pais e nais afectados denuncian que existen criterios diferentes de concesión segundo a delegación que resolve as peticións, sendo a galega "unha das que precisamente está a calcular a legalidade e denegando as axudas en base a unha interpretación sen fundamento legal, pero que non ocorre igual noutras sedes".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.