O BNG reivindica en Europa a aprobación dun informe para dar seguridade aos abandeiramentos de buques

Ana Miranda reivindica a aprobación este mércores na Comisión de Pesca da Eurocámara dun informe que vén modificar a Directiva 2009/21/CE, co obxectivo de restrinxir os buques de pavillón de conveniencia, barcos rexistrados nun país diferente ao do propietario.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2023 | Actualizada ás 17:39

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reivindica a aprobación este mércores na Comisión de Pesca da Eurocámara dun informe que vén modificar a Directiva 2009/21/CE, co obxectivo de restrinxir os buques de pavillón de conveniencia (barcos rexistrados nun país diferente ao do propietario). "A aprobación deste informe sobre o cumprimento das obrigacións do Estado de abandeiramento é un paso máis no reforzo das medidas de seguridade marítima internacional, que tanta relevancia ten para o Corredor de Fisterra", destacou Miranda.

Para a eurodeputada nacionalista, os pavillóns de conveniencia "aínda supoñen graves problemas" referidos á seguridade, ás condicións de traballo, á rastrexabilidade dos produtos e ás condicións de competencia equitativa. Ana Miranda incidiu en que estas medidas, máis as que leva implantado a Comisión Europea desde o Prestige (novembro de 2002), supoñen "un aumento da seguridade marítima".

SITUACIÓN DOS BANCOS MARISQUEIROS

Por outra banda, tras a intervención na Comisión da directora xeral da DX Mare, Charlina Vitcheva, Miranda defendeu o emprego no sector: "Un mariñeiro ou unha mariscadora non queren ser camareiros, queren seguir traballando no sector". Finalmente, a eurodeputada do BNG preguntou se o fondo FEMPA pode ser utilizado polo sector marisqueiro dada a "grave situación que atravesa".

O buque de bandeira británica 'Brosme', do armador galego Manuel Otero Eijo.
O buque de bandeira británica 'Brosme', do armador galego Manuel Otero Eijo.

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, na Eurocámara
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, na Eurocámara | Fonte: BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta