Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2023 | Actualizada ás 13:52
A coordinadora Eólica Así Non convoca seis mobilizacións para reivindicar o papel da sociedade civil "activa e organizada" en defensa do territorio no día mundial das montañas. Serán o vindeiro sábado 9 de decembro, ás 16.00 horas, na Fonsagrada e o domingo 10, neste caso a horas comprendidas entre as 11.00 e as 12.00 horas, en Moraña, Lugo, Ortigueira, Val do Dubra e Vilar de Barrio.
A portavoz da coordinadora, Belén Rodríguez, secretaria executiva de Adega, respondeu este xoves ás declaracións da conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, quen falou de "poucas voces pero ruidosas que chegan a mediatizar decisións", nunha semana na que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) volveu a suspender outro parque eólico.
A xuízo desta representante, é "perigoso que se poñan en dúbida decisións xudiciais", posto que a xustiza "debería ser independente" e os fallos que suspenden parques "atenden á lexislación vixente". Neste sentido, subliñou que hai "base xurídica" e "razóns de peso" para paralizar os devanditos proxectos, e confiou en que o Tribunal Supremo "ratifique" a sentenza que anulou unha repotenciación en Corme.
Desta decisión, que está prevista para decembro, dependen outros tantos parques en suspenso debido ao mesmo motivo: "parte da información foi secuestrada á sociedade" na fase de exposición pública, denunciou Rodríguez. En calquera caso, resaltou que "existen outros motivos de peso para paralizar" proxectos, en relación coa "fragmentación irregular" de iniciativas "para saltarse salvagardas".
CONTRA O ESPOLIO
Neste contexto, a plataforma chama a mobilizarse a fin de semana do 9 e 10 de decembro en contra do "espolio" e os "oligopolios" que "queren aproveitarse" dos recursos galegos. Tamén censura que o plan eólico actual está "desfasado e obsoleto" e carga contra as reformas lexislativas dos últimos anos por parte da Xunta "para favorecer a grandes corporacións".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.