A sanidade privada da provincia da Coruña levántase para esixir á patronal que "sente a negociar" o convenio

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2023 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

O persoal da sanidade privada da provincia da Coruña concentrouse este xoves para esixir que a patronal "sente a negociar" o convenio colectivo. Así o declarou a Europa Press a presidenta do comité de empresa e delegada da CIG, Ana Varela, durante a concentración (convocada pola CIG, UGT e CCOO) celebrada en Santiago ás portas do Hospital HM Rosaleda.

Alí, clamaron por "un convenio digno" e entoaron cánticos como 'a baixa laboral que a pague a patronal' e 'se sobe o IPC os salarios tamén'. Ademais, portaron unha pancarta baixo a lema 'Folga sanidade privada por un convenio xusto' na que incluíron as dúas datas da folga: o 30 de novembro e o 14 de decembro. "A patronal levantouse da mesa sen negociar", lamentou Varela e sinalou que "a única contraproposta" que ten a patronal é "quitarlles a antigüidade e o 100 % das Incapacidades Temporais, tanto se son laborais como comúns".

O que piden nese convenio que, engadiu, afecta a máis de 4.000 persoas na provincia da Coruña, son melloras no salario, na xornada e nas condicións dos traballadores. Pola súa banda, na cidade da Coruña tamén se celebrou unha concentración durante esta xornada e o pasado día 17 houbo unha manifestación.

Concentración dos traballadores da sanidade privada en Santiago
Concentración dos traballadores da sanidade privada en Santiago | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta