Sumar Galicia comprométese co colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita para incluílas no seu programa electoral

Formado por mulleres na súa inmensa maioría, poden chegar a asinar "300 contratos en cinco anos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2023 | Actualizada ás 15:38

Comparte esta noticia

O portavoz de Sumar Galicia, Paulo Carlos López, reuniuse este xoves, xunto a membros da comisión promotora, cunha representación do colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita, con cuxas reivindicacións se solidarizaron e comprometido a incluír no seu programa electoral.

En declaracións aos medios, Paulo Carlos López destacou o "orgullo" de reunirse cun colectivo que pon o foco nun dos puntos "máis débiles" do sistema sanitario, como é a "precariedade" que vive o 50 por cento do persoal de enfermaría.

O portavoz de Sumar Galicia comprometeuse a incorporar as súas demandas ao programa electoral de Sumar Galicia, as dun colectivo feminizado e ás que se lles "nega" as posibilidades de conciliación. Formado por mulleres na súa inmensa maioría, poden chegar a asinar "300 contratos en cinco anos",.

Así, defendeu que Sumar Galicia incluirá medidas fronte ás "políticas de recorte e privatización" da Xunta de Feijóo e Rueda. Neste sentido, dixo que é "falso" que Galicia sexa "unha das comunidades con menos listas de espera": "Calquera galego que acode a pedir unha cita, que vai a Urxencias ou a Atención Primaria sabe que isto non é así".

O portavoz de Sumar incidiu en que "non só están a negar os dereitos destas traballadoras imprescindibles, senón que se vulnera o dereito a unha boa calidade asistencial de todos os galegos". Por iso, comprometeuse a traballar "desde a Xunta para cambiar esta realidade con políticas públicas valentes e eficaces que melloren a sanidade galega e a vida das traballadoras.

Un dos portavoces do colectivo, Severino Figueiras-Lestón, explicou que buscan melloras para o colectivo, pero que, precisamente, as condicións "ás que están sometidas as enfermeiras do Sergas repercuten directamente nos coidados que teñen que prestar".

"Non queremos que haxa xente que pense que estamos a loitar polos nosos dereitos simplemente porque queremos mellores dereitos, senón porque esa mellora dos nosos dereitos implica tamén unha mellora dos coidados e da calidade asistencial que estamos a tentar ofrecer", argumentou.

Reunión de Sumar Galicia co colectivo de Enfermeiras Eventuais en Loita
Reunión de Sumar Galicia co colectivo de Enfermeiras Eventuais en Loita | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Volvemos manipular aos colectivos ! Esquerda Unida (Eva Solla) movendo os fíos por se alguén volve picar e dar votos á Causa Yolanda ! Non teñen moita vergoña, pasaron 3 anos e seguimos nas mesmas... "O candidato á Presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, e a cabeza de lista por Pontevedra, Eva Solla, reuníronse co colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita" https://www.nosdiario.gal/articulo/... E sempre a mesma melodía Esquerda Unida e a súa Democrasía... Rubén xa é Secretario de Estado de Xuventude e Infancia (?) A vivir do conto