Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2023 | Actualizada ás 17:05
Un operario resultou falecido este venres tras quedar atrapado baixo o camión que descargaba na localidade coruñesa de Vimianzo. Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu pouco antes das 15,00 horas na Rúa Castelao de Vimianzo. O traballador atopábase descargando o camión cando este se elevou e envorcou, caendo sobre o home, que quedou atrapado.
Persoal sanitario desprazado ata a zona só puido certificar o falecemento do home. De feito, foi mobilizado o helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago, que non chegou a intervir porque a vítima xa perdera a vida. Ademais dos sanitarios, tiveron que intervir os Bombeiros de Cee para liberar ao traballador, despois de que os axentes de seguridade e as autoridades xudiciais avanzasen nos trámites necesarios para reunir toda a información sobre o suceso.
No operativo participou a Garda Civil e Policía Local, así como o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias, ante a necesidade dos familiares dunha atención especializada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.