Volven as xeadas con temperaturas baixo cero en boa parte do interior

Calvos de Randín rexistra case -9 graos, a temperatura máis baixa de Galicia este domingo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2023 | Actualizada ás 09:10

Comparte esta noticia

O municipio ourensán de Calvos de Randín volveu a ser a localidade coas temperaturas máis frías de Galicia, con 8,8 graos baixo cero ás 08,00 horas deste luns, nunha madrugada con xeadas en interior da comunidade.

Segundo os valores notificados por Meteogalicia, tamén superaron os 8 graos negativos en Baltar (Ourense), e en Sarria (Lugo) os termómetros rexistraron mínimas de ata 6,2 graos negativos. Ademais, localidades como Arzúa (A Coruña) ou Riós (Ourense) estiveron próximas aos 5 graos baixo cero á primeira hora da mañá deste luns.

Xeada na igrexa de Aguís, no concello dos Blancos
Xeada na igrexa de Aguís, no concello dos Blancos | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press

Galicia finaliza así o fin de semana con influencia anticilónica, con ceos despexados e néboa en zonas do interior que darán paso a tempo seco e asollado. As temperaturas mínimas notaron un lixeiro descenso, que non variará na xornada do luns, con xeadas en zonas de interior e os ventos soprarán frouxos de dirección variable.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta