Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 19/12/2023 | Actualizada ás 10:17
Trece persoas saíron ilesas despois de que se rexistrase unha saída de vía dun autobús escolar na localidade ourensá de Amoeiro. Tal como informou a Garda Civil de Ourense, os feitos ocorreron pouco antes das 09.00 horas deste martes e o suceso produciuse a consecuencia do xeo que había na calzada.
Foi unha traballadora da compañía a que alertou ao 112 Galicia do accidente. No bus viaxaban 11 menores, o acompañante dos mesmos e a condutora. O trece persoas saíron ilesas do incidente, ocorrido na OU-P-000 que une a OU-0525 con Amoeiro, na parroquia de Abruciños.
Ata o punto trasladouse o equipo de investigación de sinistros viarios e tamén medios municipais do Concello de Amoeiro, ademais da Garda Civil. Os menores foron trasladados en taxi ao instituto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.