Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2023 | Actualizada ás 17:06
O Concello de Santiago e a Asociación Hostalaría Compostela presentaron este mércores a campaña 'As tapas son a estrela', que se desenvolverá durante o Nadal para lembrar aos cidadáns o cambio de datas do tradicional 'Santiago (é) tapas', que se despraza a inicios de ano, e incentivar a participación de locais.
Na presentación desta acción comunicativa participaron a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, a presidenta da Asociación Hostalaría Compostela, Sara Santos, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil. A próxima edición do 'Santiago (é) tapas' terá lugar entre o 15 de febreiro e o 3 de marzo, un cambio de datas que se decidiu conxuntamente entre Turismo de Santiago e a Asociación de Hostalaría.
A decisión debeuse a que nas dúas últimas edicións, tras a reactivación posterior á crise da covid, o concurso sufriu "un estancamento" no número de participantes, principalmente debido a que a desestacionalización turística converteu novembro nun mes cunha actividade considerable. Durante o período de Nadal desenvolverase a campaña de comunicación 'As tamas son a estrela' (de acordo co lema do Nadal compostelán) para incentivar a inscrición, que termina o 10 de xaneiro, e difundir as novas datas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.