Dous feridos graves e catro leves tras a colisión entre dous turismos en Coles

Ocorreu na N-525 (Zamora-Santiago).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2023 | Actualizada ás 17:09

Comparte esta noticia

Unha colisión entre dous turismos na N-525 (Zamora-Santiago), no municipio ouresano de Coles, deixou a dúas persoas feridas graves e catro leves. Segundo informou a Garda Civil, o suceso produciuse minutos despois das 14,00 horas no punto quilométrico 246.100. Debido á violencia do impacto e á posición final dos vehículos, cortaron o carril do sentido Zamora e dar paso alternativo para que os bombeiros poidan intervir.

Colisión entre dous vehículos en Coles. GARDA CIVIL DE OURENSE
Colisión entre dous vehículos en Coles. GARDA CIVIL DE OURENSE

Un dos turismos implicados, un Seat Toledo, estaba ocupado polo condutor e un acompañante, un home de 93 anos. Os dous resultaron feridos graves. No outro vehículo, un BMW serie 3, viaxaban unha muller e tres menores que, polo momento, descoñécese a súa idade. Todo eles feridos leves.

Ata o lugar desprazáronse dúas patrullas de motoristas, un equipo de investigación de sinistros de tráfico, bombeiros e varias ambulancias. Ademais, avisaron a mantemento para a limpeza da vía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta