A Xunta regula o procedemento de comunicación de celebración de bingos sociais

A resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2023 | Actualizada ás 13:07

Comparte esta noticia

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes publicou, no Diario Oficial de Galicia (DOG), a resolución da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior pola que se regula o procedemento de comunicación de celebración de bingos sociais. Faino en base á Lei reguladora dos xogos de Galicia no relativo aos bingos organizados polas residencias da terceira idade e centros de día ou polas asociacións culturais ou deportivas legalmente inscritas que cumpran os requisitos establecidos.

De acordo cos criterios fixados, a asociación ou o responsable da residencia da terceira idade ou centro de día correspondente deberá presentar, cada vez que pretenda organizar un xogo de bingo, unha comunicación ao órgano autonómico de dirección competente en materia de xogo a efectos de poder controlar o cumprimento dos requisitos.

Agora o DOG publica o procedemento de comunicación de celebración de bingos sociais e, entre outras cuestións, establece os requisitos que se deben publicar por parte dos organizadores: residencias da terceira idade, centros de día ou asociacións culturais ou deportivas legalmente inscritas.

Entre outras cuestións, non poderá superarse o número de catro sesións nun mes e as cantidades xogadas, é dicir, a recadación pola venda de cartóns de bingo non poderán superar os 300 euros por sesión. Os premios outorgados non poderán superar os 300 euros por sesión e poderán ser "en metálico ou en especie".

O xogo debe desenvolverse a través de medios manuais ou mecánicos sen que, en ningún caso, interveñan aplicacións informáticas ou programas de software e nos propios centros, sen presenza de menores. As comunicacións presentaranse por medios electrónicos a través do formulario na sede electrónica da Xunta.

Bingo
Bingo | Fonte: GAD3 - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta