Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/12/2023 | Actualizada ás 16:48
A Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) lanzou unha proposta para realizar un debate electoral o día 5 de febreiro nun formato e con invitados aínda sen concretar, á espera de que se formalicen as candidaturas nos prazos legais establecidos para iso.
Fontes do ente público consultadas por Europa Press explicaron que a razón de anunciar este debate aínda sen máis detalles débese a que pretenden "preservar a data na que tradicionalmente se celebra o debate de candidatos nos medios públicos galegos", o primeiro luns da campaña electoral. Nas súas redes sociais, así como nos servizos informativos, a CRTVG anunciou a fixación deste debate para o 5 de febreiro, ás 21,30 horas, con emisión por televisión, radio e G24.
Á proposta deste debate súmase a que fixo pública RTVE para o 14 de febreiro, o último mércores da campaña electora, antes da cita coas urnas o domingo 18.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.