Kyliam,Cloe e Paula, os primeiros bebés do ano

Kyliam naceu en Vigo xusto coas badaladas do novo ano, ás 00,00 horas.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 01/01/2024 | Actualizada ás 12:24

Comparte esta noticia

O primeiro bebé do ano 2024 en Galicia chámase Kyliam e naceu no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo xusto coas badaladas do novo ano, ás 00,00 horas.

Segundo informou a Consellería de Sanidade, o neno pesou 3,420 gramos e é fillo dunha parella de pais primeirizos do concello pontevedrés de Gondomar.

A segunda en nacer este ano foi unha nena, Cloe, que tamén chegou ao mundo no Álvaro Cunqueiro de Vigo, no seu caso ás 00,04 horas, pesando 2,905 quilos. É a segunda filla dunha parella de Salvaterra do Miño.

O terceiro nacemento do ano foi o de Paula, que chegou ao mundo ás 00,10 horas deste 1 de xaneiro no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera da Coruña. O bebé pesou 2,640 quilos.

Bebé
Bebé | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta