Por E.P. | A CORUÑA | 05/01/2024 | Actualizada ás 13:59
A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes publica este venres, no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se suprimen as oficinas auxiliares de rexistro do edificio administrativo do Igape en Santiago de Compostela e da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
Esta orde entra en vigor desde o mesmo día da súa publicación no DOG e na mesma data, explica a Xunta, actualizarase para a cidadanía a relación de oficinas de rexistro auxiliar existente na páxina web institucional.
Todo iso despois de que en novembro do pasado ano o xerente do Igape remitise un escrito á Secretaría Xeral Técnica onde solicitaba a supresión das oficinas auxiliares.
Unha petición en base, segundo recolle o DOG, a que as persoas que se relacionan co Igape están obrigadas a relacionarse por medios electrónicos "o que provoca que a presentación presencial da documentación sexa moi escasa".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.