Un morto e dúas persoas feridas nunha colisión frontal en Malpica de Bergantiños

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 05/01/2024 | Actualizada ás 16:47

Comparte esta noticia

Un home perdeu a vida este venres tras chocar frontalmente o vehículo no que circulaba contra outro turismo na estrada AC-418, ao seu paso polo municipio coruñés de Malpica de BergantiñosSegundo trasladou o 112 Galicia, o sinistro produciuse sobre as 14.10 horas na parroquia de Leiloio, no punto quilométrico 6 desta vía.

Ao ter coñecemento da gravidade da situación, os operadores da central de emerxencias deron aviso aos servizos sanitarios, que mobilizaron un helicóptero medicalizado ata o lugar. Ademais, tamén acudiron efectivos da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Bergantiños, do GES de Ponteceso, da Policía Local e de Protección Civil. Xa no punto, os servizos de emerxencias tiveron que excarcerar a tres persoas, unha delas xa falecida. As outras dúas, feridas, foron trasladadas polos servizos sanitarios en ambulancia e no helicóptero desprazado polo Servizo de Urxencias Sanitarias-061.

Helicóptero do 061
Helicóptero do 061 | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta