Por Europa Press / Redacción | MADRID | 08/01/2024 | Actualizada ás 19:54
As provincias de Huesca, Mallorca, Barcelona, Xirona, Lérida, Navarra e Guipúzcoa estarán este martes 9 de xaneiro en aviso polas temperaturas mínimas, que poderán chegar aos -8ºC , nunha xornada marcada por mínimas significativamente baixas no extremo nordeste peninsular, así como en sistemas de montaña do norte e leste e en Baleares, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).
Un tempo inestable debido ao achegamento da DANA ao norte peninsular e dunha baixa atlántica polo oeste, con inusual incerteza nas súas evolucións. Todo isto deixará neve en cotas baixas en Galicia, así como moito vento. soprará de leste no Cantábrico e Galicia, con algúns intervalos fortes no seu litoral.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.