Rueda acusa ao BNG de apoiar aos "asasinos" de ETA: "Paréceme directamente repugnante"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2024 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, criticou que unha quincena de eurodeputados, entre eles Ana Miranda, do BNG, mostrasen a súa adhesión, á manifestación en apoio a dereitos dos presos de ETA convocada por Sare o 13 de xaneiro en Bilbao, e manifestou que espera que non acudan á mesma dirixentes nacionalistas.

"Paréceme directamente repugnante, se ao final é así, que o BNG, primeiro partido da oposición de Galicia estea nunha manifestación en apoio a presos de ETA", reprobou, a preguntas dos medios, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

"Se son presos é porque cometeron delitos de sangue, é dicir, asasinatos. E, probablemente, en moitos casos, asasinatos de galegos", afeou.

Pancarta a favor dos presos de ETA
Pancarta a favor dos presos de ETA | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta