Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2024 | Actualizada ás 18:42
Máis de 7.000 persoas galegas residentes no exterior obtiveron documentación no último ano sobre a súa orixe familiar, a través da colaboración da Secretaría Xeral da Emigración cos arquivos das cinco dioceses galegas coas que este departamento asinou un acordo para este fin.
En total, segundo trasladou a Xunta nunha nota de prensa, resolvéronse máis de 20.000 consultas en busca de información sobre os seus antepasados galegos. Deste xeito, recóllense as demandas dos diferentes certificados relacionados con partidas de nacementos, bautismales, matrimonio e defuncións dentro do seu ámbito competencial de coordinación de asistencia e apoio ás persoas emigrantes galegas e os seus descendentes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.