Caen os prezos das exportacións galegas un 1,08% en novembro e o das importacións baixa un 7,74%

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2024 | Actualizada ás 10:19

Comparte esta noticia

O prezo das exportacións galegas caeu un 1,08% en novembro, mentres que o das importacións baixou un 7,74%, segundo se desprende do Índice de Valor Unitario para o Comercio Exterior publicado este luns polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

En concreto, o previo dos bens de consumo exportados subiu un 0,64%, mentres que o custo dos bens intermedios e de capital baixou un 3,72% e un 1,59%, respectivamente. Tamén os bens non enerxéticos exportados caeron un 0,61%.

No lado das importacións, o prezo dos bens de consumo importados en novembro en Galicia diminuíu un 5,06%, do mesmo xeito que os bens intermedios, que se esborrallaron un 9,57%. Os bens de capital fixeron o propio un -4,86%, así como os bens non enerxéticos, que baixaron un 6,81%.

Por destino e orixe xeográfica, as exportacións cara a países da zona euro subiron un 0,51% en novembro, mentres que as importacións procedentes destes estados caeron un 8,53%. Os envíos á Unión Europea aumentaron un 0,77% no undécimo mes de 2023 e as súas importacións diminuíron un 10,11%. As exportacións cara ao OCDE minguaron un 0,47% e as súas importacións foron uns 9,17% inferiores, do mesmo xeito que os envíos galegos ao resto do mundo, que baixaron un 5,31% e as importacións un 7,14%.

Vista aérea da terminal de colectores do Porto de Vigo
Vista aérea da terminal de colectores do Porto de Vigo | Fonte: Autoridade Portuaria de Vigo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta