Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2024 | Actualizada ás 20:28
Os Bombeiros de Ferrol liberaron tiveron que liberar a un home que quedou atrapado debaixo dunha máquina agrícola que manexaba, tras envorcar cando circulaba pola estrada de Cabanas, en Limodre, no concello de Fene.
A persoa que alertou, que se identificou como a esposa do ferido, chamou ao 112 para pedir axuda sobre as 17,10 horas e indicou que o seu marido se quedou debaixo do tractor. Con estes datos, de inmediato, os xestores do 112 pasaron o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada máis chegar ao momento, o persoal sanitario confirmou que o ferido estaba atrapado polas pernas debaixo do vehículo agrícola.
Do mesmo xeito, desde o 112 informouse os Bombeiros de Ferrol, á Garda Civil, ao GES de Mugardos, á Policía Local e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
Unha vez no punto, os axentes da Policía Local comunicaron ao 112 Galicia que a persoa, tras ser excarcerada polos Bombeiros e polos membros do GES, foi evacuada en ambulancia polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.