Milleiros de persoas saen á rúa para pedir cambios e melloras na sanidade pública

A protesta fixada antes da convocatoria electoral, contou coa participación de todos os líderes da oposición. Rueda denuncia a súa politización.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2024 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

Unha masiva manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública clamou este domingo nas rúas da capital galega contra a deterioración da sanidade e esixiu un sistema público de calidade.

Encabezada pola pancarta da plataforma organizadora, que fixou a data da protesta antes da convocatoria electoral, a marcha reuniu a todos os candidatos dos partidos da esquerda. En concreto, participan Ana Pontón (BNG), José Ramón Gómez Besteiro (PSdeG), Marta Lois (Sumar) e Isabel Faraldo (Podemos Galicia).

No comezo os asistentes coreou consignas como 'menos inventos e máis investimentos', 'Rueda atende, a sanidade non se vende'  e 'orzamento digno para a sanidade pública'. Antes do arranque da marcha, o portavoz da plataforma SOS Sanidade Pública cargou contra a situación "lamentable" da atención primaria e as "listas de espera absolutamente inaceptables". Ademais, dixo que non é verdade que estes asuntos "non teñan solución", senón que só é necesario vontade política.

"Chamamos á poboación a que se non hai un cambio na política sanitaria, haberá que ir pensando en cambiar os autores das políticas sanitarias", sostivo.

Participantes na masiva protesta de SOS Sanidade Pública en Santiago de Compostela
Participantes na masiva protesta de SOS Sanidade Pública en Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

CRÍTICAS DE RUEDA

Pola súa banda, o presidente da Xunta e aspirante do PPdeG á reelección, Alfonso Rueda, atribuíu un perfil "electoralista" á manifestación en defensa da sanidade pública convocada este domingo en Santiago de Compostela aínda que a protesta estaba convocada antes de que el mesmo fixara a data das eleccións. E, a modo de argumento, citou o mitin central que os populares celebraron na praza de touros de Pontevedra, antes de concluír que hai partidos, como o PP, que "organizan actos electorais" mentres que outros "fan manifestacións".

OPOSICIÓN

Os principais líderes da oposición en Galicia denunciaron este domingo a "deficiente" situación na que se atopa a sanidade pública en Galicia e criticaron a falta de medios e persoal que existe no Sergas. Foi mentres participaron na masiva manifestación convocada por SOS Sanidade Pública en Santiago de Compostela para esixir melloras no sistema.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta