Por Galicia Confidencial | Barcelona | 06/02/2024 | Actualizada ás 09:00
Barcelona Wine Week, que arrincou este 5 de febreiro na cidade condal, estase a consolidar como unha das citas de referencia do sector do viño no noso país. O Consello Regulador volve participar, tras a experiencia do ano pasado, neste foro cun espazo expositor propio no que poderán degustarse 26 marcas de viño de 15 adegas da comarca.
Na edición deste ano participarán preto de 1.000 expositores, segundo fixo público a organización da feira, unha cifra récord nunca antes acadada que evidencia o interese crecente dos actores ligados ao eido do viño por participar nun foro que se prolongará ata o vindeiro mércores.
“Estamos orgullosos de ser unha das 73 denominacións de orixe que participa neste foro”, sinala o presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Ramón Rodríguez Castellanos, quen engade, “ademais de poder achegar os nosos brancos e tintos a diferentes prescritores e públicos especializados, este salón signíficase especialmente por contar cun programa divulgativo moi interesante que inclúe clases mestras e relatorios sobre as últimas tendencias do eido do viño ou sobre cuestións que afectan ao noso ámbito de actividade como pode ser a procura dun modelo de produción cada vez máis sostible”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.