Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2024 | Actualizada ás 11:46
A Xunta financia con 165.600 euros a organización en centros privados da Comunidade galega semanas de inmersión lingüística en lingua inglesa. A orde publicada este xoves no Diario Oficial de Galicia (DOG) establece as normas dunha convocatoria que pretende alcanzar os 300 alumnos participantes.
Enfocada a 6º de Primaria e o catro cursos de ESO, a 'Spring Week' consiste en semanas de inmersión lingüística nas que os alumnos permanecerán en réxime de internado en centros privado concertados sostidos con fondos públicos. De domingo a sábado e cun máximo de 25 alumnos por centro, levarán a cabo exclusivamente en inglés as tarefas lectivas e distintas actividades. Serán un total de nove quendas. O prazo de presentación de solicitudes, que deberán tramitar os centros interesados a través da aplicación informática habilitada para tal fin, finaliza o 8 de marzo, inclusive.
En xeral, o programa desenvolverase nun centro residencial situado en Galicia en réxime de internado e ten como obxectivo a estimulación práctica oral da lingua inglesa e o seu uso en contextos comunicativos máis amplos que na súa contorna escolar. As actividades fomentarán a convivencia e virarán ao redor de temáticas de interese cultural, social, artístico e ambiental.
A metodoloxía será "activa" lúdica e cooperativa" e promoverá aprendizaxes significativas por parte do alumnado, incidindo na "educación en valores democráticos e nos aspectos relacionados coa sustentabilidade e o coñecemento da contorna" (enerxías renovables, produción e consumo responsable, cidades sustentables, acción polo clima...), segundo recóllese nos obxectivos de desenvolvemento sustentable da Axenda 2030.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.