Por E.P. | OURENSE | 12/02/2024 | Actualizada ás 13:51
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou este luns á Plataforma pola pediatría en Verín, da "inminente" cobertura, mediante concurso, das dúas prazas fixas do centro de saúde da localidade e doutras dúas no hospital comarcal. Faino un día despois dun acto electoral do PSdeG nesta localidade con críticas a falta de pediatras.
Na reunión, que tal como destacou a Xunta nun comunicado desenvolveuse nun ton "construtivo e de cordialidade", Comesaña indicou que estes facultativos tomarán posesión no mes de marzo, tras un proceso de concurso de méritos.
No marco desta medida, o mes que vén tomarán posesión 60 pediatras en atención primaria e 12 en hospitais comarcais, grazas a dous procesos selectivos por este tipo de concurso postos en marcha polo Executivo galego.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.