Dous anos despois de aprobar unha oposición da Xunta seguen sen praza e sen salario

Uns 70 enxeñeiros e enxeñeiras forestais e de montes da Xunta aprobaron a oposición en 2021 pero non teñen praza. O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Montes en Galicia non se ten pronunciado sobre esta grave problemática.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/02/2024 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

"Somos un grupo de enxeñeiros forestais e de montes que aprobamos as oposicións á Xunta de Galicia e levamos meses á espera de que a Dirección Xeral de Función Pública nos faga a oferta das prazas, para poder tomar posesión. En vista de que a previsión é que esta situación se dilate moitos meses máis, o que suporía ter que esperar máis de 2 anos desde a realización do último exame para poder acceder ás nosas prazas, queremos manifestar a nosa impotencia e indignación ante esta situación".

Brigadistas no incendio en Quiroga
Brigadistas no incendio en Quiroga | Fonte: ATBRIF - @AT_Brif. Arquivo

 

É a denuncian que fan un grupo de enxeñeiros e enxeñeiras forestais e de montes que aprobaron os procesos selectivos convocados pola Xunta de Galicia en 2021 e que seguen sen prazas. A fase de oposición dos procesos selectivos desenvolveuse durante o ano 2022, realizándose o último exame en novembro dese ano. A publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, un total de 28 enxeñeiros e enxeñeiras de montes e 45 forestais, retrasouse case un ano, ata setembro de 2023.

Dende entón estamos á espera de que a Dirección Xeral de Función Pública faga a oferta das

prazas para poder tomar posesión dos postos de traballo." As últimas informacións

recibidas das organizacións sindicais fan temer que a situación poida demorarse moitos meses máis, ata a resolución dun gran concurso de traslados do persoal funcionario, aínda sen convocar", denuncian nun comunicado.

"NON ATOPAMOS XUSTIFICACIÓN"

A lei de emprego público de Galicia contempla que as persoas propostas para o seu

nomeamento como funcionario de carreira poidan tomar posesión con destino provisional, con antelación á adxudicación das prazas definitivas, tal e como se ven facendo nos procesos

selectivos dos últimos anos. "Non atopamos xustificación algunha na demora da oferta

das nosas prazas, máis aínda tendo en consideración o agravio comparativo que supón o feito

de que os enxeñeiros e enxeñeiras agrícolas e agrónomos, cuxo proceso selectivo foi convocado na mesma resolución que o noso e se desenvolveu de forma case paralela, están tomando posesión das súas prazas provisionais nestes días", denuncian.

Polo momento, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Montes en Galicia non se ten pronunciado sobre esta grave problemática que afecta ao seu sector, aínda que fontes deste grupo de profesionais sen praza consultadas por GC agardan poñerse en contacto coa institución en breve.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta