Os acusados do apuñalamento mortal ocorrido fronte ao pub La Grandota de Santiago en 2023 enfróntanse a 30 anos de prisión

Cada un portaba unha navalla, da que fixeron uso "de forma continuada" contra o falecido, "dirixindo o seu ataque a zonas vitais".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2024 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

Os dous acusados de apuñalar mortalmente a unha nova fronte ao pub compostelán La Grandota en xaneiro de 2023 sentarán a próxima semana no banco dos acusados da Audiencia Provincial da Coruña, onde se enfrontan a penas que suman, para cada un, 30 anos de prisión. En concreto, a sede compostelá desta audiencia, situada nos xulgados de Fontiñas, acollerá durante toda a próxima semana as vistas, que tamén se prolongarán dúas xornadas máis. Contarán, como é habitual neste tipo de casos, con tribunal de xurado.

Eles deberán determinar se os dous acusados son culpables, de común acordo, de asasinar a un mozo ás portas do pub compostelán La Grandota, uns feitos que sucederon o 2 de xaneiro de 2023. Ademais, a esta acusación súmase outra por lesións, dado que tamén deron unha navallada a outro mozo que tratou de mediar na liorta.

Segundo se desprende do escrito de acusación fiscal, ambos os mozos, de nacionalidade colombiana, apuñalaron á vítima, de 31 anos, sobre as 7.30 horas do día 2 de xaneiro de 2023 na rúa Santiago de Chile. Cada un portaba unha navalla, da que fixeron uso "de forma continuada" contra o falecido, "dirixindo o seu ataque a zonas vitais". Ademais, o Ministerio Público considera que os dous acusados "anularon plenamente e desde o inicio, a capacidade de defensa" da victima, dado que o agarraron e inmobilizárono no chan.

A vítima, que tiña un fillo de só dous meses de idade, foi trasladado, grave, ao Hospital Clínico de Santiago, onde faleceu o día 4 de xaneiro. Entre outras lesións graves, tivo unha sección total da vea e a arteria femoral. Para os dous acusados, Fiscalía pide 25 anos de prisión polo delito de asasinato e cinco anos máis por lesións. Ademais, reclama que indemnice á parella da vítima con 139.878,89 euros e con 147.074,94 euros ao seu fillo.

Axente da policía científica na zona do asasinato
Axente da policía científica na zona do asasinato | Fonte: CRTVG - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta